7/9/11

O comité de Tex Digital denuncia que a dirección da empresa con sede en Vigo "desapareceu" sen abonar os salarios dende xullo

 

A compañía de telecomunicacións ten oficinas en todo o Estado español e conta cun cadro de persoal de máis de 300 traballadores/as
 
A empresa de telecomunicacións con sede en Vigo Tex Digital SL, que conta con delegacións en todo o Estado e presta de servizos para Telefónica Móviles, Vodafone, Orange, Nokia, Ericsson y Huawei, leva dende xullo sen abonarlle o salario aos máis de 300 traballadores/as do seu cadro de persoal. A dirección da compañía, que se atopa “totalmente desaparecida”, tamén lle adebeda cantidades importantes a administracións públicas e provedores. 
 
Tanto os empregados/as como o comité de empresa e os sindicatos, representados por membros da CIG e UGT, intentaron dar solucións para manter os postos de traballo ou dar saída aos que o estimasen oportuno, “mentres que dende a dirección da empresa, representada por Elena González Díaz, non houbo a correspondente disposición para consensuar ningunha das alternativas presentadas”. E o que é máis grave, nestes momentos a dirección da compañía atópase totalmente desaparecida.

Dende o comité explican que se trata dun novo caso dunha empresa do sector das telecomunicacións que intenta deslocalizar ou vender parte dos seus activos fóra do noso país, “con graves consecuencias para a economía e o emprego a nivel autonómico, xa que entre os centros da Coruña, Pontevedra, Ourense e Lugo estanse a ver afectados/as 150 traballadores/as, mentres que outros 200 atópanse nas en las mesmas condicións no conxunto do Estado español. “A dirección pretende vender, presuntamente de xeito ilegal, partes de la empresa ao mellor postor para incrementar a súa fortuna persoal, deixando na rúa a máis de 300 persoas”, segundo denuncian dende o comité.


http://www.galizacig.com/avantar/

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NORMAS DE USO:

* No está permitido verter comentarios contrarios a
las leyes españolas o injuriantes.
* Reservado el derecho a eliminar los comentarios
fuera de tema.

Los comentarios no reflejan la opinión de CIGTEXDIGITAL, sino la de los internautas, y son ellos los únicos responsables de las opiniones vertidas.

Gracias por participar