16/4/11

PUBLÍCASE, CON MÁIS DE 3 MESES DE RETRASO, O CONVENIO DO METAL DA CORUÑA

Posición da CIG-METAL: non asinamos este convenio por non se acadar melloras ningunhas, e mais por pactar o IPC-Previsto no 1% cando xa andaba no 3%.


O 22 de decembro do 2010 a patronal xunto con CCOO e UGT asinaron o Convenio do Metal da provincia da Coruña.
Unha vez mais, e tras once meses desde que rematara a vixencia do anterior convenio, asinan un acordo para tres anos que non recolle practicamente ningunha das reivindicacións que os sindicatos propoñiamos ao inicio da negociación.
O único que acadan con este acordo é unha miserenta suba salarial do 1,5 para o ano 2010, outro 1,5 para o 2011, e un 2 para o 2012. Tendo en conta que no 2010 o custe da vida subiu o 3%, salta a vista que estamos a falar dunha perda de poder adquisitivo, que os mais afortunados poderán compensar en parte coa revisión salarial.
Todo o resto das melloras que se pretendían para os traballadores do metal (vixencia, subrogación, xornada, desprazamentos, baixas, dietas, dispoñibilidade, mutuas) quedaron unha vez mais en nada de nada.
Chove sobre mollado. Ano tras ano están a converter a negociación do convenio nunha farsa, nun teatro onde CCOO-UGT dunha parte e a Patronal doutra representan o seu papel, pero tanto uns como outros saben como vai rematar a película. Logo xustifícanse dicindo que non se puido conseguir mais, que os empresarios non ceden, que a crise é moi dura, que á xente non lle importa o convenio, etc ... e deste modo o convenio na vez de ser unha ferramenta para mellorar as condicións de traballo, transfórmase nun instrumento para darlle lexitimidade ás pretensións dos empresarios.
CCOO e UGT teñen entre os dous o 65% dos delegados nas empresas da provincia da Coruña, e polo tanto teñen esa mesma representación na mesa de negociación do convenio. É dicir, son maioría na parte dos traballadores e, xa que logo, lideran as negociacións. Deste xeito, asinen o que asinen cos empresarios, sempre vai adiante.
Temos que cambiar esta maneira de negociar. É necesario implicarnos todos nunhas negociacións onde nos xogamos o salario e as nosas condicións de traballo. Os métodos dos sindicatos españois, de pacto social e negociacións ocultas, non responde as necesidades dos traballadores do metal, e só provoca que cada vez mais traballadores se desentendan da negociación do seu convenio e achanten co que lle boten.
É hora de aproveitar as eleccións sindicais en cada empresa para cambiar esa maioría, xa que é nas eleccións sindicais onde decidimos quen vai negociar o convenio e que forza vai ter cada sindicato. A CIG xa é o sindicato maioritario na Coruña, como o é tamén en Pontevedra, pero mentres CCOO-UGT unidos sigan tendo maioría para asinar acordos como este, os patróns estarán na súa salsa e será imposible avanzar na mellora das nosas condicións de vida.

Como sempre, conseguilo ou non, está na nosa man.

Os dereitos, os salarios e as pensións

deféndense... Loitando!

3 comentarios:

  1. Siempre estan perjudicando al trabajado

    ResponderEliminar
  2. Haber si las empresas lo cumplen y lo respetan.

    ResponderEliminar
  3. No vario nada, placticamente es lo mismo

    ResponderEliminar

NORMAS DE USO:

* No está permitido verter comentarios contrarios a
las leyes españolas o injuriantes.
* Reservado el derecho a eliminar los comentarios
fuera de tema.

Los comentarios no reflejan la opinión de CIGTEXDIGITAL, sino la de los internautas, y son ellos los únicos responsables de las opiniones vertidas.

Gracias por participar