21/3/11

O Comité de Emesa denuncia que a empresa só permite o acceso á factoría ao persoal que figura nunha lista

O Comité de Elaborados Metálicos Emesa vén de remitir un comunicado no que denuncia a actitude da dirección durante esta última xornada do período de consultas do ERE. A empresa está a negar o acceso á factoría ao persoal chamado a participar nas asembleas para valorar o avance da negociación e só permite a entrada daqueles traballadores/as que forman parte dunha lista elaborada pola dirección. Ademais incrementou o número de vixilantes de seguridade nas instalacións e pediu a presenza da Garda Civil nas portas da fábrica.
A continuación reproducimos o comunicado do Comité de Emesa:
A dirección de Elaborados Metálicos Emesa, S.L., filial do grupo Isolux Corsán, está a negarlles o acceso á factoría aos traballadores que estaban convocados, neste día de remate do período de consultas, ás asembleas no comedor da empresa para que poidan ir valorando as posicións da compañía e decidir o seu futuro inmediato con respecto ao ERE presentado pola dirección.
A factoría de Coirós amenceu cun dispositivo de seguridade especial montado pola empresa, no que se aumentou de un vixiante de seguridade a seis, con patrullas en coche pola factoría. Dito control de seguridade, no que só se permite o acceso ás persoas nomeadas pola dirección nunha lista, estrañou aos membros do Comité de Empresa e dos sindicatos, mais cando a folga convocada para o día de hoxe foi desconvocada para que non interferira no remate do período de consultas.
Os membro do Comité sorprendéronse a súa chegada á factoría por tal despregue de seguridade e pola presenza na entrada da factoría da Garda Civil. Así mesmo tamén se estrañaron de ver  como o recito ao redor dos locais sindicais estaba marcado con un perímetro de seguridade para impedir o acceso dos mesmos a calquera parte das instalacións da factoría.
De igual xeito, tamén amosaron a súa estrañeza polo feito de que a dirección da empresa mandara para a casa á práctica totalidade dos traballadores de oficinas, deixando na mesma simplemente o persoal imprescindíbel.
Non entendemos estas actitudes da empresa, máis aínda cando se desconvocou a folga en símbolo de boa vontade de cara a este último día do período de consultas.

O Comité de Empresa EMESA

2 comentarios:

  1. EMESA EN FOLGAA!!!

    ResponderEliminar
  2. No vamos a quedarnos callados mientras erosionan nuestros derechos.

    ResponderEliminar

NORMAS DE USO:

* No está permitido verter comentarios contrarios a
las leyes españolas o injuriantes.
* Reservado el derecho a eliminar los comentarios
fuera de tema.

Los comentarios no reflejan la opinión de CIGTEXDIGITAL, sino la de los internautas, y son ellos los únicos responsables de las opiniones vertidas.

Gracias por participar